jueves, 13 de noviembre de 2014

TAREA CQC14

HOLA A TODOS Y A TODAS !
Para realizar esta tarea lo primero que he hecho ha sido descargarme el relato que iba a modificar, como el relato estaba en pdf lo tuve que pasar a un texto editable mediante una página web, una vez pasado el relato al texto editable lo subí a Google Docs para poder hacer la modificación que quería y poner los hiperenlaces. Esta tarea me pareció muy fácil y bastante interesante ya que para escoger el relato que teníamos que editar había que leer algunos y la verdad es que eran muy interesantes.
 Aquí os dejo el texto que he modificado y espero que os guste :

AQUÍ DE DÍA, ALÁ DE NOITE?
Marta Rama Ferreira
IES ANTONIO FRAGUAS ( SANTIAGO DE COMPOSTELA)


Un sábado, deica a unha da tarde,Uxía estaba xogando cas amigas as bonecas cando de súpeto se lembrou dunha cousa moi importante: hoxe era o aniversario do seu querido curmá Belén, que tiña 8 anos coma ela, e vivía coa súa familia nos Estados Unidos. Marchou correndo ata a súa casa para chamala canto antes.
Á súa nai pareceulle moi extraño que estivese na casa tan cedo, pero non lle deu importancia. Despois decatouse de que Uxía estaba a andar co teléfono e díxolle:
—Que fas? Deixa o teléfono no seu sitio, anda.
—Quería chamar a Belén, que está de aniversario, e se o deixo para máis tarde vaime esquecer! –respondeulle Uxía.
—Como vas felicitalo agora? Ti non te decatas, miña filla, de que alá nos Estados Unidos son oito da madrugada e a xente está durmindo? –reprendeuno  a  nai.
A rapaza tardou en responder, pois aínda estaba asimilando esa información. Como que naquel lugar a xente aínda durmía? Na súa casa a luz do sol entraba en torrente pola ventá, o reloxo da cociña marcaba a unha da tarde e a xente toda andaba esperta e ocupada nas súas tarefas matutinas (agás, claro está, os máis durmilóns). Non o entendía, así que nun principio pensou que os estaounidenses  serían coma os mouchos, que durmían de día e iso non casaba moito coa descrición do seu curmá Belénl. Logo preguntoulle á súa nai e esta díxolle:
—Verás, miña princesiña, en Estados Unidos  hai seis horas menos que aquí. Agora vai xogar un pouco, que teño que atender a comida.
Esta explicación non lle serviu moito a Uxía, que pensou: «Se aquí é a unha da tarde e alá son as oitoda madrugada, xa sei eu que hai seise horas de diferenza, que non son parva. O que eu quero saber é por que hai esas seishoras de diferenza!».
Máis tarde decidiu buscar en internet, que dicía algo duns meridia- nos, dos movementos de rotación da Terra… Pero iso tampouco era moi comprensible para Uxía..
Entón, o luns, na clase de Ciencias, a rapaza comentoulle á súa mestra o tema que o tivera ocupado toda a fin de semana. A mestra, Verónica, demostroullo dun xeito moi divertido: primeiro puxo unha cadeira no medio da clase, e a todos os nenos xirando arredor dela, como se fosen planetas; isto era o movemento de rotacion, o que Uxía xa entendía perfectamente porque era unha alumna dos maiores de cuarto curso. Despois, ao mesmo tempo que todos xiraban arredor da cadeira, xiraban tamén sobre si mesmos: isto era o chamado movemento de rotaciónda Terra; entón, mentres os ollos dos nenos, que representaban a España, vían o moble do medio da clase, a súa caluga quedaba no lado oposto; polo que se a súa caluga fose Estados Unidos, non recibiría a luz do sol nese momento e por iso sería de noite.

Deste xeito UXÍA comprendeu por que en Estados Unidos, onde vive a súa querida curmá Belén, hai seishoras menos que en España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario